Saltar ao contido

Meibion Glyndŵr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meibion Glyndŵr (MG)
Organización armada de Gales
LíderesSiôn Aubrey Roberts
Creación1979
(Operativo até mediados dos anos 90)
Área de operaciónsGales
IdeoloxíaNacionalismo galés
Anticolonialismo
Vencellado aFree Wales Army
Cymru 1400
StatusDerradeiras accións a mediados dos 90

Meibion Glyndŵr (en galés: Fillos de Glyndŵr) foi unha organización nacionalista galesa violentamente oposta á perda da cultura galesa e da lingua galesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Creouse en resposta á crise de vivenda precipitada polo gran número de casas de vacacións que eran compradas polos ingleses, o que levou a un aumento nos prezos das vivendas por riba dos medios económicos dos habitantes locais. Foron os responsábeis da queima de casas de vacacións de propietarios ingleses en País de Gales dende 1979 até mediados dos anos noventa.

O grupo acadou relevancia en 1979. Na primeira vaga de accións, oito casas de verán de propietarios ingleses foron destruídas durante o primeiro mes, facendo un total de 200 nos seguintes dez anos. Preto de 300 propiedades foron danadas pola campaña. O cumio tivo lugar a finais dos anos oitenta coa concentración de ataques a fogares de deputados do Partido Conservador, e David Hunt, o daquela secretario para Gales, foi un obxectivo en 1990.

A responsabilidade das accións ten sido reclamada por catro movementos separados: Mudiad Amddiffyn Cymru (o movemento pra defender Gales), Cadwyr Cymru (os gardiáns de Gales), Meibion Glyndŵr (os fillos de Glyndŵr) e o Exército Galés para a República dos Traballadores (WAWR). De todos xeitos, Meibion Glyndŵr ten sido o único grupo que tivo algunha posibilidade de éxito a longo prazo, malia que dende mediados dos noventa este grupo ten estado inactivo e a violencia nacionalista galesa ten cesado, polo menos a un nivel organizado.

Unha reinvestigación sobor os ataques con cartas bomba levou á captura de Sion Aubrey Roberts, polas probas de ADN atopadas en 1993. Moitos casos aínda permanecen sen resolver.

Tense dito recentemente, que eles eran de feito unha fronte do MI5, ou dirixido por axitadores. Porén, non hai evidencias desta teoría.

  • 1969: Dous membros do Exército de Gales Ceibe feríronse accidentalmente mentres que colocaban unha bomba nunha vía de tren pola que debía viaxar o Príncipe de Gales.
  • 1979-94: Meibion Glyndŵr queima con bombas incendarias 300 casas de propietarios ingleses.
  • 1989: Meibion Glyndŵr declara que "calquera colonizador branco é un obxectivo". O grupo tamén colocou bombas incendarias nas oficinas do Partido Conservador en Londres e en oficinas de axentes do estado en Londres, Liverpool, Sutton Coldfield e Haverfordwest.
  • 1990: O poeta e sacerdote R. S. Thomas chama a unha campaña para destruír fogares de ingleses en Gales.
  • 1993: Sion Aubrey Roberts, un membro de Meibion Glyndŵr, foi encarcerado por nove anos por enviar cartas bomba a políticos conservadores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]